Ariem 112 Poctep Feder

Obxectivos do proxecto

  • O desenvolvemento dun programa conxunto para a dotación de recursos materiais, informáticos e de comunicacións.

  • O desenvolvemento dun programa de formación específica dirixido aos profesionais do sector das emerxencias nas zonas implicadas.

  • Establecemento de mecanismos de mobilización e intercambio de recursos mobilizables entre as rexións implicadas.
    Descrición da Aplicación RemoteManager e RemoteMobile

  • Fomento de actividades conxuntas para potenciar a cohesión, colaboración e intercambio de experiencia.

  • Minoración das disparidades existentes entre territorios en relación aos recursos dispoñibles por parte dos seus servizos de emerxencia e salvamento.

  • A implementación duns protocolos de actuación que permitan e faciliten a coordinación nas intervencións de emerxencias para facer fronte a situacións de risco no ámbito de acción conxunta.
    Pactos de Axuda Mutua e Protocolos de Actuación Conxunta

Todas estas necesidades están avaladas polos estudos e publicacións que serviron de base para definir accións e actuacións que se realizaron en proxectos anteriores como o COFROEM, da segunda convocatoria do Programa INTERREG III A, e o FOSEPOGA da terceira convocatoria do Programa INTERREG III A, que supuxeron experiencias positivas en ámbito da xestión conxunta de equipamentos.