Ariem 112 Poctep Feder

Que é ARIEM 112

Presentación do proxecto
(Versión castelá)
(Versión inglesa)

É un proxecto de carácter multirrexional, que ten como obxectivo o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os servizos de xestión e mobilización de recursos ante emerxencias nas zonas implicadas, mediante a implantación de ferramentas comúns (informáticas e de comunicacións), a formación e implantación de métodos e protocolos de intervención comúns a todos os servizos.

En definitiva, trátase de crear un espazo común en materia de xestión de emerxencias onde “todos axuden a todos”.

O proxecto foi aprobado con data 2 de marzo de 2011.

Socios do proxecto 112

  • A Comunidade Autónoma de Galicia a través da Axencia Galega de Emerxencias

  • A Comunidade Autónoma de Castilla-León a través do 112-Castilla y León da Axencia de Protección Civil e Consumo

  • E Portugal a través da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal.